sábado, 17 de diciembre de 2016

"SIETE PECADOS"


   Para este traballo, encargóusenos elaborar un logotipo para unha portada dunha revista chamada "Siete Pecados". A revista podría encaixarse en calqueira ámbito editorial. Antes de comezar a bozetar e a deseñar tiña que pensar que orientación iba a levar a miña revista, de que iba a tratar. No meu caso escollín elaborar una revista dunha das miñas grandes paixóns, a moda. Trataríase dunha revista onde se darían consellos para conseguir un perfecto "outfit" de utilización diaria ou casual, ou para unha ocasión especial, expoñendo tamén determinados tabúes e elementos nada recomendables para os teus looks, chamados os pecados.
Xa con esta idea na testa, comezamos a bocetar e a pensar. Nun primeiro momento pensei en dotar ao logotipo dun formato totalmente horizontal, típico dos números editoriais e surxeume este boceto:





Xoguei con cores negras e vermellas máis ben oscuras para dotar ao logotipo dunha maior profundidade, contraste, e relacionándoo así cos ideais orixinais dos sete pecados que a maioria da xente ten na súa cabeza. O "t" de "siete" esta formando á súa vez por o número sete, e para referirnos ao mundo da moda e dotar aos lectores dun anterior coñecemento sobre de qué falará a revista e por que rama estará orientada decidín formar a "p" da palabra "pecados" cunha percha.
Tras moito pensar e observar decidín darlle máis voltas e pensei nun formato diferente, quizáis nun formato vertical, que puidese acomodarse nun lateral da portada, e surxíronme estas ideas:








Tampouco me convencían moito, víao demasiado vertical, e pensei, por que non mesturar os dous formatos? Así pois decidín cruzar os dous elementos, o sete nun formato vertical e os pecados nun formato horizontal. Comecei a deseñar, e como vin que me gustaba a idea fun provando e cambiando a tipografía ata chegar ó resultado final:



























Finalmente, acabei decantándome por dúas opcións que me parecían as máis estéticas:













Para asegurarme de que a miña elección era a correcta decidín deseñar unha suposta edición da revista e encadrar o logotipo nela. E aquí o resultado:









Tras deseñar as portadas, rematei decantándome por este logotipo:









No hay comentarios:

Publicar un comentario