sábado, 17 de diciembre de 2016

"SIETE PECADOS"


   Para este traballo, encargóusenos elaborar un logotipo para unha portada dunha revista chamada "Siete Pecados". A revista podría encaixarse en calqueira ámbito editorial. Antes de comezar a bozetar e a deseñar tiña que pensar que orientación iba a levar a miña revista, de que iba a tratar. No meu caso escollín elaborar una revista dunha das miñas grandes paixóns, a moda. Trataríase dunha revista onde se darían consellos para conseguir un perfecto "outfit" de utilización diaria ou casual, ou para unha ocasión especial, expoñendo tamén determinados tabúes e elementos nada recomendables para os teus looks, chamados os pecados.
Xa con esta idea na testa, comezamos a bocetar e a pensar. Nun primeiro momento pensei en dotar ao logotipo dun formato totalmente horizontal, típico dos números editoriais e surxeume este boceto:





Xoguei con cores negras e vermellas máis ben oscuras para dotar ao logotipo dunha maior profundidade, contraste, e relacionándoo así cos ideais orixinais dos sete pecados que a maioria da xente ten na súa cabeza. O "t" de "siete" esta formando á súa vez por o número sete, e para referirnos ao mundo da moda e dotar aos lectores dun anterior coñecemento sobre de qué falará a revista e por que rama estará orientada decidín formar a "p" da palabra "pecados" cunha percha.
Tras moito pensar e observar decidín darlle máis voltas e pensei nun formato diferente, quizáis nun formato vertical, que puidese acomodarse nun lateral da portada, e surxíronme estas ideas:








Tampouco me convencían moito, víao demasiado vertical, e pensei, por que non mesturar os dous formatos? Así pois decidín cruzar os dous elementos, o sete nun formato vertical e os pecados nun formato horizontal. Comecei a deseñar, e como vin que me gustaba a idea fun provando e cambiando a tipografía ata chegar ó resultado final:



























Finalmente, acabei decantándome por dúas opcións que me parecían as máis estéticas:













Para asegurarme de que a miña elección era a correcta decidín deseñar unha suposta edición da revista e encadrar o logotipo nela. E aquí o resultado:









Tras deseñar as portadas, rematei decantándome por este logotipo:









viernes, 9 de diciembre de 2016

EXTENSIÓNS


Neste traballo tiñamos que experimentar coas extensións do programa Ink Scape. Creei unha imaxe algo psicodélica utilizando extensións de "arbol", "esfera de alambre", "triángulo" e "curvas paramétricas". Inspireime na composición dun ollo humano dende un punto de vista máis abstracto e surrealista.
E aquí o resultado:



TRABALLO LIBRE


Para este traballo tiñamos que desperegar a nosa creatividade e elaborar un deseño libre. Eu ecidín crear unha portada dun libro, dunha historia de suspense titulada "Grindelwald". Para esto escollín unha foto en blanco e negro con moito contraste  mais ben oscura cunha tipografia lexible co título en cor vermello (cor da sangue) e o resto en blanco para que destacase sobre o fondo. E aquí as miñas dúas propostas:









Hoxe estaba inspirado e decidin engadir un traballo máis. Deseñei unha portada dunha edición da revista "Ecuestre". Para esto utilicei unha fotografía que eu mesmo saquei a miña irmá. Para o resto da edición seguín os esquemas da revista pero con un toque persoal.
E aquí o resultado final:





miércoles, 7 de diciembre de 2016

CARTEL MINIMALISTA


Para este traballo tiñamos que xogar co minimaliso, como nos traballos dos carteles anteriores, pero neste caso tiña que ser a portada dunha canción. O meu obxetivo era que con tan solo mirar o cartel, soupérmanos de que estilo de canción estamos falando. Escollín unha canción de Ariana Grande e Niki Minaj chamada "Side to side". Trátase dunha canción moi sensual e feminina, por iso escollín o símbolo da muller por excelencia como pode ser un zapato de tacón e xoguei con cores rosadas de azuis.
E aquí o resultado:



ISOLOGOTIPO OLIMPIADAS


Para este traballo tiñamos que elaborar un isologotipo para unhas ficticias supostas olimpiadas en Santiago de Compostela no 2020. Decidín seguir o esquema tradicional de colocar o logotipo ca tipografía e os aros, pero coa innovación de que os aros están separados entre si.
Comencei facendo algún boceto como este pero non me chegaba a convencer:




Finalmente acabei modificándoo e rematei con esta proposta final: 




sábado, 3 de diciembre de 2016

CARTEL MINIMALISTA


Para este trabajo teníamos que elaborar varios carteles de carácter minimalista. En este caso, decidí diseñar uno inspirándome en uno de mis grandes referentes del arte como es Frida Khalo. Elaboré varios bocetos cambiando el color del fondo ya que no lograba decidirme:














Finalmente me decanté por el del fondo de color verde, ya que me parecía el más adecuado y el que mejor quedaba estéticamente.